Pasar al contenido principal

Preséntase no Paraninfo da Universidade un libro sobre Fernando Alsina e o seu Diario de guerra

A USC e Alvarellos Editora presentrán este mércores 11 no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) o libro Fernando Alsina e o seu ‘Diario de guerra’ nunha edición de Ricardo Gurriarán con limiar do catedrático Lourenzo Fernández Prieto. A presentación comezará ás 20.00 horas presidida polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, e na que tamén está prevista a participación do decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Gestal; dos neto de Fernando Alsina, Xaquín del Valle-Inclán Alsina e Fernando López Alsina, así como do editor Enrique Alvarellos, ademais dos responsables da edición e do limiar.

Fernado Alsina e o seu ‘Diario de Guerra’ é un volume de 322 páxinas onde se recolle un diario inédito da Guerra Civil española, cen fotografías e documentos nunca publicados ata agora, así como a primeira biografía do destacado cirurxián compostelán, ademais de alcalde da cidade en 1929.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.11.2015.