A USC inicia o martes a entrega de bicicletas do programa de préstamo
As 240 bicicletas incluídas no programa de préstamo da USC comezarán a circular o próximo martes 3 en Compostela, día no que se inicia o reparto. O proceso continuará o xoves 5, tamén en Santiago, e o día 10 será a quenda do Campus de Lugo dende a Facultade de Veterinaria.
A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC encárgase de xestionar este programa que neste curso inclúe o préstamo dun total 153 bicicletas para Compostela e 87 para Lugo. A vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez, participará o próximo martes na entrega ás 11.00 horas no Almacén de Electrobiomagnetismo (Campus Vida).
O 95% das adxudicacións realizáronse a estudantado da USC, cunha participación destacada nesta edición do de intercambio Erasmus. A asignación, realizada por rigorosa orde de solicitude, permitirá o uso gratuíto da bicicleta dende a súa entrega ata o mes de xuño. Tanto en Santiago como en Lugo, constituíuse unha lista de agarda que se activa que cada vez que a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC recolle unha bicicleta. No caso de que a citada listaxe se esgote, volverase abrir un prazo de solicitudes a comezos de ano.