Pasar al contenido principal

Reflexionan sobre o papel dos medios no 25 aniversario da Operación Nécora

Reflexionan sobre o papel dos medios no 25 aniversario da Operación Nécora
Reflexionan sobre o papel dos medios no 25 aniversario da Operación Nécora
Nunha mesa redonda organizada pola Fundación Internacional Baltasar Garzón e a USC

Cando se cumpren 25 anos da Operación Nécora, a Fundación Internacional Baltasar Garzón (Fibgar) e a Universidade de Santiago organizaron este xoves 29 unha mesa redonda para reflexionar sobre o papel que xogaron os medios de comunicación nese acontecemento e a súa percepción na actualidade.

Para iso, no debate que moderou o xornalista, escritor e profesor da USC Víctor Freixanes participaron voces expertas dunha época que marcou unha sociedade como a galega. A Xulio Álvarez Fariñas, xornalista de La Voz de Galicia que en 2012 acadou a Nécora de Ouro que concede a Fundación Galega contra o Narcotráfico, sumouse a intervención de Xulia Alonso, autora da obra Futuro imperfecto na que narra a súa propia historia vital determinada polas drogas nas décadas dos 80 e 90.

Xunto a eles dous reflexionaron tamén sobre o tratamento dado polos medios de comunicación a esa grande operación contra o narcotráfico o xornalista director de Tempos Novos e profesor da USC Luís Álvarez Pousa e o profesor da Ciencia Política da USC Antón Losada.

O encontro comezou en Ciencias da Comunicación cunha intervención do decano do centro, Xosé Ramón Pousa, e a vicepresidenta da Fundación, Carmen Durán Martínez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2015.