Pasar al contenido principal

Unha investigación en Ciencias da Comunicación, premiada nos ‘Oscar da consultoría política’

O autor do traballo é Pablo Vázquez Sande
O autor do traballo é Pablo Vázquez Sande

A tese ‘Storytelling personal en el relato político. Análisis de los contenidos publicados en Youtube por los candidatos gallegos en las elecciones municipales de 2011’ acaba de ser recoñecida co premio Reed Latino, coñecido como o ‘Oscar da consultaría política’, na modalidade de Mellor Manual, Libro ou Tese de Comunicación Política. O seu autor é Pablo Vázquez Sande, quen acadou a máxima cualificación -sobresaliente cum laude- no acto de defensa e mantemento celebrado o pasado agosto.

O premio é un “recoñecemento claro para os investigadores da USC e nomeadamente para os do Departamento de Ciencias da Comunicación”, apunta Pablo Vázquez ao valorar este recoñecemento ao seu traballo de investigación e agarda que o galardón permita poñer en valor a investigación de Humanidades e Ciencias Sociais, “consideradas en ocasións inferiores ás dos eidos das coñecidas como ciencias puras”. No eido concreto do su traballo considera necesario “a confluencia da investigación e a práctica profesional na comunicación política para conseguir avances substanciais nesta materia”.

Storytelling personal
‘Storytelling personal en el relato político. Análisis de los contenidos publicados en Youtube por los candidatos gallegos en las elecciones municipales de 2011’ é primeira investigación que no ámbito español asocia o storytelling á comunicación política. Cualificada con sobresaliente cum laude, a investigación dirixida pola profesora Berta García Orosa consistiu na análise dos vídeos dos candidatos galegos ás elección municipais de 2011 máis reproducidos en Youtube. Co marco xeográfico das sete cidades galegas máis poboadas, o obxectivo foi detectar se incluían relatos con forma narrativa sobre contidos persoais dentro do seu discurso político para analizar o grao de implantación da técnica do storytelling.

Entre os resultados, Pablo Vázquez Sande salienta que se trata dunha técnica aínda incipiente empregada nalgunha ocasión polo 30,4% dos políticos analizados, un total de 23. Ademais o traballo de Vázquez Sande sinala que o 5,3% dos 398 vídeos estudados pódense encadrar nesta fórmula narrativa.

Pablo Vázquez Sande é licenciado en Xornalismo e en Filoloxía Francesa e Hispánica pola USC. Realizou estudos de posgrao en Gabinetes de Comunicación e Relacións Públicas; Formación do Profesorado; Comunicación e Industria Creativas; e en Dirección de Campañas Electorais en diversas universidades españolas ademais da compostelá. Dende xaneiro de 2010 compaxina a súa actividade académica coa profesional, que exerce nun grupo político do concello de Lugo ata a actualidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2015.