Pasar al contenido principal

Nova oferta de libros descatalogados do Servizo de Publicacións

Nova oferta de libros descatalogados do Servizo de Publicacións
Nova oferta de libros descatalogados do Servizo de Publicacións
Nova oferta de libros descatalogados do Servizo de Publicacións

O Servizo de Publicacións acaba de publicar a súa nova oferta de libros descatalogados, que inclúe os títulos dispoñibles (non esgotados) editados ata 2005. A oferta pode consultarse ou descargarse na web. A venda realízase nas dependencias do Servizo de Publicacións (Casa Gradín, Campus Vida, Santiago) e da Vicexerencia (Campus de Lugo) en horario de 9,00 a 14,00 horas.

A descatalogación de libros é unha práctica moi frecuente no sector editorial, ao abeiro da vixente Lei de Propiedade Intelectual. Malia que a lexislación permite saldar a edición aos dous anos da publicación da obra, o Servizo de Publicacións, tendo en conta a natureza nomeadamente científico-técnica e académica do seu fondo, descataloga as obras que edita nun prazo superior ao devandito, normalmente de dez anos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.02.2023.