Pasar al contenido principal

Analizan en Dereito os aspectos xurídicos da internacionalización das empresas

No encontro participan numerosos estudantes da USC (Foto: SERVIMAV-USC)
No encontro participan numerosos estudantes da USC (Foto: SERVIMAV-USC)

A Facultade de Dereito acolle este xoves unha xornada organizada pola Rede Empresa e Administración na que se analizan as principais novidades xurídicas de interese para as empresas que queiran internacionalizarse.

O encontro comezou cunha presentación sobre a estratexia de internacionalización da empresa galega 2020 da man do director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Javier Aguilera Navarro, e do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño.

A continuación celebrouse unha mesa redonda sobre as políticas e mecanismos públicos, gremiais e financeiros de apoio á internacionalización da empresa. Nela interviñeron representantes da CEG, da Confederación Española de Organizacións Empresariais, do Instituto de Comercio Exterior, do IGAPE e do BBVA. A xornada continúa con dous paneis de expertos sobre os aspectos fiscais, laborais, administrativos e mercantís.

O encontro que dirixe César García Novoa remata con diversas videoconferencias en directo con expertos xuristas que analizarán o marco xurídico da inversión en Brasil, Chile, Colombia, México, Panamá e Perú, aos que se lle poderán formular preguntas a través do email cergi [at] usc.es (cergi[at]usc[dot]es).

O decano da Facultade (segundo pola dereita) inaugurou a xornada (Foto: SERVIMAV-USC)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.11.2015.