Pasar al contenido principal

Unha ruta amosa o patrimonio natural, cultural e lingüístico da serra do Courel o sábado 14 de novembro

Cartaz da ruta pola Courel
Cartaz da ruta pola Courel
As persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta poden formalizar a súa inscrición a través do enderezo de correo electrónico mariadolores.vazquez@usc.es

O colectivo universitario Proxéctate en galego, a través da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, organiza este sábado 14 de novembro unha ruta botánica pola serra do Courel. Este itinerario, que estará guiado polo profesor Manuel Antonio Rodríguez Guitián, pretende dar a coñecer a riqueza natural,cultural e lingüística da serra courelá.

Esta actividade, para que se ofrece un número de prazas limitadas, é de carácter gratuíto para todas as persoas interesadas, que deberán formalizar a súa inscrición a través do enderezo de correo electrónico mariadolores.vazquez [at] usc.es (mariadolores[dot]vazquez[at]usc[dot]es). A expedición partirá en autobús o sábado, ás 9.30 horas, diante da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e a volta está prevista para as 19.00 horas. Unha vez no Courel, os participantes nesta ruta botánica asistirán a unha breve exposición nas instalacións da Estación Científica do Courel, seguida dunha camiñada por un itinerario de aproximadamente seis quilómetros por un trazado de dificultade baixa pola contorna de Seoane. As persoas inscritas nesta actividade deben ir provistos de comida, así como de roupa e calzado axeitado para camiñar e acordes coa meteoroloxía da xornada.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.11.2015.