Pasar al contenido principal

O Consello de Goberno dá o visto bo ao proxecto de fusión de 19 departamentos

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou este xoves a primeira fase do proceso de redución da súa estrutura coa fusión de 19 dos 76 departamentos actuais, o que supón un adelgazamento aproximado do 15% do modelo actual. Nunha segunda etapa este número pode aumentar, xa que se abre un período que permite novas accións de redución da estrutura de departamentos. O proceso rematará no mes de decembro deste ano.

O proceso busca unha maior optimización dos recursos existentes para incrementar a eficacia na xestión administrativa e segue unha serie de criterios acordados polo Claustro o pasado mes de xuño. Nese acordo elévase a 20 o número mínimo de docentes para configurar un departamento, se ben poden existir excepcionalidades que atenderían á agrupación coherente de áreas ou outras circunstancias académicas que poidan concorrer.

O acordo desta primeira fase afecta á fusión dos departamentos de Bioloxía celular e ecoloxía con Fisioloxía Vexetal; Xenética con Zooloxía e Antropoloxía Física; Didáctica das ciencias experimentais con Didáctica da literatura e das Ciencias Sociais e con Didáctica da Expresión Plástica e corporal; Socioloxía con Ciencia Política; Historia das institucións económicas con Economía Aplicada; Lingua española con Literatura española, Teoría da literatura e Lingüística xeral; Lóxica e Filosofía Moral co de Filosofía e Antropoloxía Social; Farmacia con Farmacoloxía e Tecnoloxía Farmacéutica; Anatomía e Produción Animal con Ciencias Clínicas Veterinarias. Tamén abre a posibilidade para a fusión de Álxebra con Análise Matemática e con Xeometría e Topoloxía; Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía con Cirurxía, con Obstetricia e Xinecoloxía e con Pediatría; Psicoloxía Organizacional Xurídico-Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento con Dereito Mercantil e do Traballo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.11.2015.