Pasar al contenido principal

O profesor estadounidense Michael Adams analizará a reserva da biosfera nun curso gratuíto na USC

A Fundación Juana de Vega, o Máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial e o grupo Gist. Idega da USC organiza os vindeiros días 15 e 16 o curso gratuíto ‘ Reserva da bioesfera e desenvolvemento sostible’ que impartirá o profesor da University Wiscoisin-Madison (EE.UU) Michael Adams. Será na aula 16 da Facultade de Xeografía e Historia en horario de tarde cando o profesor Adams explique en diversos relatorios o Programa de Reserva da Biosfera da UNESCO-MAB e cómo as reservas están deseñadas para servir como modelos para promover a conservación e o desenvolvemento sostible. O curso diríxese especialmente a estudantes de máster en áreas como a ecoloxía, xeografía humana, planificación de recursos terrestres e de xestión, planificación rexional e estudos ambientais. Tamén poderán asistir técnicos e xestores de Reservas da Biosfera e de parques ou espazos naturais. As persoas interesadas deben poñerse en contacto co profesor da USC Carlos Ferrás Sexto no enderezo gist-formacion [at] usc.es (gist-formacion[at]usc[dot]es) ou no teléfono 881 812 704.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.10.2015.