Un seminario debate en Formación do Profesorado sobre a capacidade de transformación social do voluntariado
A voluntaria luguesa da ONGD Madreselva Miriam Piqueras presentará o martes 13 de outubro,a partir das 18.00 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, os resultdos do estudo ‘O voluntariado transforma, se sabemos como’, unha iniciativa que contou con financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID).
O estudo ‘O voluntariado transforma, se sabemos como’, no que se analiza medio centenar de organizacións de voluntariado e en cuxa elaboración participou Madreselva ONGD, ofrece pistas útiles para orientar o voluntariado cara a obxectivos de cidadanía e cambio global.
Este seminario, organizado pola USC, Ongawa, Enxeñaría para o Densenvolvemento Humando e Madreselva ONGD, ten como obxectivo promover entre os asistentes o debate e a reflexión sobre a operativa dla construción de cidadanía global activa desde un voluntariado transformador.
A presentación dos resultados de ‘O voluntariado transforma, se sabemos como’ , a cargo de Miriam Piqueras servirá para expoñer por vez primeira en Galicia a información recollida no marco desta iniciativa, pero a sesión permitirá tamén transmitir as aprendizaxes extraídas da investigación realizada en colaboración con numerosas organización do sector, así como as boas prácticas en relación cun voluntariado transformador.
O seminario contará asemade cun espacio participativo para a posta en común, reflexionar e debater sobre as claves para avanzar cara un voluntariado transformador que facilite la construción de cidadanía global activa, tendo en conta as características específicas das ONGD.
As persoas interesadas en participar neste seminario sobre voluntariado poden formalizar a súa inscrición de balde a través deste formulario en liña. Todas as persoas asistentes recibirán un exemplar do estudo ‘O voluntariado transforma, se sabemos como’.