Pasar al contenido principal

Café coa bióloga e exploradora mariña Iria Fernández

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC pon en marcha o luns 19 a iniciativa ‘Café con…’ coa que diversos profesionais poñerán os seus coñecementos teóricos ao servizo dos estudantes da USC e compartirán con eles as súas experiencias profesionais. Os coloquios terán lugar ás 19.00 horas no Salón de Plenos do Consello Social (Casa da Concha, rúa da Conga).

O ciclo inaugurarao a bióloga e exploradora mariña Iria Fernández-Silva que, tras unha primeira etapa nas Universidades de Lleida e Santiago de Compostela, desenvolveu a súa carreira investigadora nas Universidades de Hawai (EE.UU.) e de Ryukyus (Okinawa, Xapón) e actualmente na Academia das Ciencias de California en San Francisco (EE.UU.).

A investigación de Fernández-Silva céntrase nos procesos evolutivos e ecolóxicos que orixinan e manteñen a biodiversidade mariña, en particular nos ecosistemas de arrecifes de coral dos Océanos Índico e Pacífico. Realiza estudos de filoxeografía de especies mariñas para desenvolver modelos de dispersión, especiación e hibridación. Esta investigación ten aplicación na conservación dos arrecifes de coral e dos ecosistemas mariños en xeral.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2015.