Pasar al contenido principal

Atalanta profunda na experiencia do emprendemento feminino no ámbito científico e tecnolóxico

Atalanta profunda na experiencia do emprendemento feminino no ámbito científico e tecnolóxico
Atalanta profunda na experiencia do emprendemento feminino no ámbito científico e tecnolóxico
É un encontro que organizan o Instituto da Muller e para a Igualdade e a USC a través de Woman Emprende

O programa Woman Emprende da USC organizará a próxima semana o Encontro Atalanta dedicado á creación de empresas de base tecnolóxica promovidas por mulleres. Atalanta é unha proposta que organizan conxuntamente o día 21 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a USC e o Instituto da Mulleres e para a Igualdade de Oportunidades á que están convidadas as universidades españolas e especificamente os organismos que participan na creación de empresas de base tecnolóxica. Aínda existen prazas dispoñibles previa formalización da inscrición, que ten carácter gratuíto.

Durante esta xornada presentarase a metodoloxía Innovatia 8.3, proxecto de traballo desenvolvido dentro de Woman Emprende que ofrece materiais e recomendacións para que o proceso emprendedor se desenvolve de xeito neutral en termos de xénero. Esta metodoloxía así como as ferramentas que se foron desenvolvendo ao abeiro de Woman Emprende tratan de axudar a que os indicadores asociados ao emprendemento feminino de base tecnolóxica sexan acordes á cotas de participación e representación das mulleres nas universidades.

Neste encontro realizarase tamén unha análise das particularidades do emprendemento feminino universitario da man de representantes de institucións universitarias de Madrid, Cataluña, Andalucía ou País Vasco. Ademais está programada unha mesa de debate con algunhas das mulleres que lideran empresas spin-off promovidas dende diferentes universidades españolas para propiciar o intercambio de experiencias de éxito neste eido.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2015.