Pasar al contenido principal

Un seminario sobre atmosferas explosivas na industria forma en prevención de riscos a 60 persoas en Ciencias

Asistentes ao seminario sobre atmosferas explosivas na industria
Asistentes ao seminario sobre atmosferas explosivas na industria

Un seminario sobre atmosferas explosivas (ATEX) na industria celebrado na Facultade de Ciencias do campus de Lugo ao abeiro do máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental da USC achegou formación en materia de prevención de riscos ás preto de 60 persoas que participaron nesta actividade, organizada en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo e da Deputación Provincial.

O profesor da USC e coordinador do máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medio Ambiental, Carlos Herrero, foi o encargado de guiar este seminario, a través do que se busca completar a formación do alumnado do citado posgrao universitario con contidos específicos en ATEX, ademais de ofrecer a empresas e administracións formación continua en prevención de riscos ante situacións de atmosferas explosivas.

O catedrático de universidade e actual director da Escola Superior e Técnica de Enxeñaría de León, Pedro Aguado Rodríguez, e o profesor da USC e responsable en materia de prevención de Cualtis, Javier Telmo Miranda, dous expertos e recoñecidos investigadores sobre cuestións relacionadas coa problemática das atmosferas explosivas na industria, foron as persoas que interviñeron como relatores ante un auditorio integrado por alumnado e titulados universitarios, técnicos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), persoal de Protección Civil e tamén doutras empresas.

Os produtos pulverulentos en atmosferas explosivas en industrias centrou a temática do relatorio ofrecido por Aguado Rodríguez, mentres que o profesor Telmo Miranda orientou a súa intervención cara a problemática que deparan gases, vapores e néboas en atmosferas explosivas na industria.

De esquerda a dereita, Javier Telmo, Pedro Aguado e Carlos Herrero, na Facultade de Ciencias

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.10.2015.