Comeza en Filosofía o oitavo Obradoiro de Historia Moderna
Co lema ‘Tempo, clima e desastres naturais (séculos XV-XIX): perspectivas históricas’ desenvólvese estes días 22 e 23 o oitavo Obradoiro de Historia Moderna que terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filosofía organizado polo grupo de Historia Moderna e pola revista Obradoiro de Historia Moderna e coordinado por Camilo Fernández Cortizo.
O encontro comezará este xoves 22 ás 9.00 horas co acto inaugural, ao que lle seguirá un relatorio de Guido Alfani, da Universiadde Bocconi de Milán sobre clima, tempo e crise de mortalidade en Italia entre os anos 1300 e 1800. Entre as cuestións a tratar nas dúas xornadas figuran a erupción de 1600 do volcán Huaynaputina (Perú), a climatoloxía histórica en Catalunya, medicina e meteoroloxía en Andalucía, a produción e difusión na Idade Media ou a relación entre clima e produción agrícola no Mínimo Maunder en Galicia.
Participan nesta oitava edición, ademais de docentes da USC, especialistas das Universidades de Porto (Portugal), Sevilla, Barcelona, Almería e País Vasco.