Unha delegación de universidades de países asiáticos visita a USC
A Oficina de Cursos Internacionais da USC recibe esta semana a visita dunha delegación de 13 participantes de universidades asiáticas procedentes de Xapón, Corea do Sur, India e Vietnam. O reitor recibiunos esta mañá en San Xerome acompañado da vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido. Nesa xuntanza Juan Viaño explicoulles as potencialidades dunha universidade que cada ano recibe máis alumnado e profesorado visitante deses países, interesados por cuestións académicas pero tamén culturais.
O grupo, que participará en diversas actividades culturais e gastronómicas por Santiago e Galicia, coñecerá estes días o patrimonio histórico da Universidade de Santiago e manterá diversas xornadas de traballo na Oficina de Cursos Internacionais co obxecto de fomentar a presenza dos seus estudantes na institución docente.
China
A esta visita súmase a efectuada este martes por unha delegación da Jiangsu Normal University de China á que recibiu a vicerreitora Almudena Hospido e que tivo como tema a colaboración entre ambas universidades para o intercambio de docentes e alumnos de máster fundamentalmente e tamén de doutoramento, facéndose extensible a persoal investigador.
A primeira facultade coa que se realizarán intercambio será coa de Xeografía e Historia dado o interese da delegación china nas liñas de investigación deste centro en materia de urbanismo e planificación urbanística. No encontro, a vicerreitora estivo acompañada por Rubén Lois González e Antía Pose García do Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia Norte de Portugal (CEER).
A delegación china, xunto coa vicerreitora Almudena Hospido e Rubén Lois