Pasar al contenido principal

Especialistas no estudo de esqueletos e momias exploran en Bioloxía as sinerxías entre paleodieta e paleopatoloxía

Participaron preto dun centro de especialistas de doce países.
Participaron preto dun centro de especialistas de doce países.

Procedentes dunha ducia de países, un cento de especialistas no estudo de esqueletos e momias xuntáronse recentemente na Facultade de Bioloxía da USC para explorar as distintas conexións entre a paleodieta e a paleopatoloxía con especial interese na aplicación dos máis modernos métodos bioxeoquímicos (ADN, isótopos estables ou proteómica, entre outros). Ao longo de dous días de encontro presentáronse unha vintena de relatorios e pósteres sobre cuestións como a intoxicación por chumbo debido ao consumo de ron nas illas Orientais, o achado de ovellas finlandesas medievais alimentadas a bases de peixe e feces humanas ou a identificación de casos de lepra na Europa Medieval mediante ADN antigo.

Como explican os promotores do evento, desenvolvido co lema ‘ Paleodiet meets paleopathology’, esta foi unha iniciativa pioneira que reuniu especialistas de diferentes disciplinas que converxen no estudo sobre o ser humano na antigüidade achegando datos de gran valor para ciencias como a arqueoloxía, a bioloxía, a química ou a antropoloxía física. O obradoiro organizárono a investigadora da USC Olalla López-Costas; Gundula Müldner, da Universidade de Reading (Reino Unido); Aurora Grandal, da Universidade da Coruña. A alta participación de investigadoras así como o elevado número de persoal investigador novo foron outros dos aspectos resaltados pola organizadoras, e a á vista dos que prevén “un prometedor futuro destas liñas de investigación”.

O encontro desenvolveuse no marco das actividades de difusión científica da Rede Consiliencia, que financia a Xunta de Galicia, e que vincula grupo s de investigación das universidades de Santiago e a Coruña nos ámbitos da arqueoloxía, historia, ciencias sociais, antropoloxía física, ciencias da terra e tecnoloxías da información e comunicación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.10.2015.