Pasar al contenido principal

O problema da contaminación luminosa, a debate nun curso de verán da USC

O problema da contaminación luminosa, a debate nun curso de verán da USC
O problema da contaminación luminosa, a debate nun curso de verán da USC
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2015

Neste Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías relacionadas coa luz, os docentes da USC Salvador Bará e Josefina Ling organizan un curso de verán sobre o problema da contaminación luminosa, “unha nova fronteira do coñecemento con repercusións directas sobre as decisións públicas en materia de iluminación sostible”, explican. A matrícula para este curso, que se desenvolverá entre o 2 e o 4 de setembro, remata o 21 de agosto. Será na Facultade de Óptica e Optometría onde se celebren as xornadas, que ademais de conferencias e sesión de pósters contempla varios obradoiros sobre sistemas de baixo custe para a medida da contaminación luminosa e proxectos de ciencia cidadá e una visita ao Observatorio Astronómico ‘Ramón María Aller’ da USC. A xornada do venres 4 desenvolverase no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia con conferencias sobre impactos ecolóxicos e medioambientais da contaminación luminosa e turismo sostible e calidade do ceo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.07.2015.