Terceira ruta de ‘Camiño ao Gaiás’
Este xoves 16 terá lugar a terceira ruta do programa ‘Camiño ao Gaiás’, un percorrido de aproximadamente 3,5 quilómetros que comezará ás 17.15 horas no Museo do Pobo Galego e para o que aínda quedan prazas libres. O traxecto discorre polas rúas de San Domingos de Bonaval e San Pedro, o Parque e Convento de Belvís e o Seminario Menor para proseguir pola Avenida de Quiroga Palacios e a Rúa do Bispo Teodomiro ata as Brañas do Sar, desde onde se continúa ata o Museo Centro Gaiás para realizar unha visita guiada á exposición ‘Camiño. A orixe’. Á súa chegada, as persoas participantes poderán asistir ao Atardecer no Gaiás, que este xoves contará coa presenza de de Daniel Minimalia a partir das 21:00 horas. Para participar neste itinerario gratuíto é necesario inscribirse previamente, antes das 14.00 horas do xoves, a través do formulario dispoñible na páxina web da Fundación USC Deportiva (www.fundacionuscdeportiva.org).