Pasar al contenido principal

Presentación do Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía

Co obxectivo de abrir canles entre a Universidade e o contorno do fútbol que faciliten a transferencia de coñecemento en ambas direccións, a USC organizará entre os días 20 e 24 de xullo o Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía. Segundo explica o responsable deste encontro, o profesor Constantino Arce, este é o primeiro congreso destas características que se realiza a nivel nacional e internacional. Os seus promotores agardan que o programa deseñado achegará unha análise do fútbol dende unha “perspectiva científica, racional e universitaria”. O congreso presentarase este xoves 16 ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nun encontro cos medios de comunicación no que participarán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; e o presidente do Comité Organizador, o profesor Constantino Arce. Ademais, tamén estará presente o secretario do comité organizador, o profesor Julio Torrado. O congreso ten como argumento principal a psicoloxía, aínda que tamén terán cabida outros argumentos relativos aos últimos avances noutras moitas áreas de coñecemento como a preparación física, a rehabilitación de lexións, política e socioloxía do deporte ou dereito deportivo, entre outras cuestións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.07.2015.