Pasar al contenido principal

Un curso de verán en Santiago ensinará como traballar contidos matemáticos a través da educación artística

Un curso de verán en Santiago ensinará como traballar contidos matemáticos a través da educación artística
Un curso de verán en Santiago ensinará como traballar contidos matemáticos a través da educación artística
O prazo de inscrición rematará o próximo 31 de maio

Do 11 ao 13 de xuño na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) terá lugar un curso de verán no que se traballarán contidos matemáticos mediante a realización de actividades artísticas, mostrando os beneficios que implica ensinar esta materia a través da arte.

No curso ‘ Art-Math: as Matemáticas a través da educación artística’, dirixido por Teresa Fernández Blanco, desenvolveranse prácticas artísticas que potencien unha actitude positiva cara as matemáticas.

O programa, que conta con financiamento da Deputación de A Coruña, contempla as conferencias ‘ O son das matemáticas’; ‘Unha viaxe pola Arte Contemporánea con un seis e un catro, unha pedra, un papel e unha tesoira’ e ‘A incorporación da arte no ensino das matemáticas’. Pero o groso das actividades serán obradoiros de construción de mosaicos e calidociclos; de xeometría de cordas, grafodanza e lightpainting; papiroflexia; land-art; de creación de espazos habitables; matemáticas en movemento, ou matemáticas aplicadas ao retrato escultórico.

O programa rematará na tarde do día 13, cun paseo matemático pola cidade de Santiago de Compostela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.05.2019.