Pasar al contenido principal

Reunión do Consello de Goberno da USC

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este mércores 29 no Colexio de San Xerome para tratar diversos asuntos de interese. No que atinxe a PDI, informarase sobre a convocatoria Ramón y Cajal e someterase a aprobación prazas de PDI e prórrogas de contrato, prórrogas extraordinarias de profesorado asociado e informes favorables da avaliación do complemento de actividade investigadora do PDI contratado e de memorias de licencias de sabático do curso 2013-14, ademais de resolverse a convocatoria deste ano. Outras cuestións a tratar serán os regulamentos de creación, modificación e supresión de departamentos e de prácticas académicas externas da USC así como a modificación de procedementos do Sistema de Garantía Interna e de Calidade da USC e do Regulamento do SUR.

A proposta de Agrupacións Estratéxicas da USC para concorrer á convocatoria da Xunta de Galicia, a modificación do calendario académico ou a aprobación dunha oportunidade de recuperación extraordinaria para o alumnado que cursou materias das licenciaturas nos graos son outros puntos da orde do día da xuntanza.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.07.2015.