Pasar al contenido principal

Este venres remata o prazo de matrícula en vinte e un cursos da Universidade de Verán

Este venres remata o prazo de matrícula en vinte e un cursos da Universidade de Verán
Este venres remata o prazo de matrícula en vinte e un cursos da Universidade de Verán

Este venres 10 remata o prazo de matrícula en vinte e un cursos da Universidade de Verán da USC que darán comezo en menos de dúas semanas en Santiago, Lugo, Guitiriz, Vilanova de Arousa, A Pastoriza, Cervantes e Lalín. Lugo: . Novidades normativas relativas á aplicación e uso sostible de produtos fitosanitarios. Do 20 ao 22 de xullo . Obradoiro sobre metodoloxías e recursos para ensinar e aprender ciencias participando nas prácticas científicas. Do 20 ao 22 de xullo . A mediación intercultural no ámbito escolar. Do 20 ao 23 de xullo . A empresa familiar: respostas á crise económica. Do 20 ao 23 de xullo . Retos e oportunidades da industria de procesos químicos. Do 20 ao 23 de xullo . As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das reservas da biosfera Terras do Miño e os Ancares lugueses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Do 20 ao 23 de xullo . Educación emocional. Educar para ser. A importancia do apego e o vínculo para un desenvolvemento integral II. Do 20 ao 23 de xullo . Oncoloxía integrativa. Integrando outras miradas no proceso de atención ao paciente oncolóxico. Do 20 ao 23 de xullo . Minimización de residuos e valorización de subprodutos da industria alimentaria. Do 21 ao 23 de xullo Santiago de Compostela: . Os 25 anos da Convención dos Dereitos de Nenos e as Nenas: Análise da situación socioeducativa da infancia. Do 20 ao 21 de xullo . Música, investigación e formación: a procura de converxencia dende a educación. Do 20 ao 21 de xullo . VIII Leccións Xacobeas internacionais na USC: Santos nos camiños. Do 20 ao 23 de xullo . LaTeX: unha ferramenta para a difusión do coñecemento científico. Do 20 ao 24 de xullo . Educación da voz (2ª edición). Do 20 ao 31 de xullo . MOOCs e aprendizaxe en redes sociais. Do 21 ao 24 de xullo . Violencia de xénero e mediación: unha oportunidade por explorar. Do 22 ao 23 de xullo Cervantes: . Conservación e xestión da biodiversidade en espazos naturais de montaña. Do 21 ao 24 de xullo Pastoriza: . Sustentabilidade económica, ambiental e social de explotacións de vacún de leite ante a reforma da PAC. Do 21 ao 22 de xullo Guitiriz: . Sustentabilidade da paisaxe. Do 22 ao 24 de xullo Vilanova de Arousa: . Arte, historia, xeografía e cultura na comarca do Salnés: camiños de espiritualidade. Do 23 ao 23 de xullo Lalín: . XI Novas fronteiras na Igualdade de oportunidades 2.0: violencias, coeducación e axentes de socialización. Do 21 ao 24 de xullo

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.07.2015.