Pasar al contenido principal

Estudantes da Universitat Jaume I gañan o IV Video Contest internacional do Grupo Compostela de Universidades

Parte do premio consiste nunha estadía de prácticas na canle Euronews

Un grupo de estudantes da Universitat Jaume I é o gañador do IV Concurso Internacional de Vídeo do Grupo Compostela de Universidades (CGU) coa súa proposta ‘One message by word of mouth’, premiada “pola súa orixinalidade e calidade” de entre as 16 universidades participantes. O xurado –composto por seis representantes do CGU e unha de Euronews– destacou do gañador o formato empregado, “sinxelo e moi efectivo, escollendo de xeito valente filmar en branco e negro, cunha narración emocionante centrada nos valores humanos compartidos que ilustran a riqueza da diversidade cultural”. Como parte do premio, un representante do grupo de estudantes realizará unha estadía de prácticas na canle europea de noticias Euronews. Así mesmo, presentarán o seu vídeo e recibirán o correspondente certificado na XXI Asemblea Xeral do CGU que terá lugar na Universidade de Santiago de Compostela do 24 ao 26 de setembro. O CGU comprométese, pola súa parte, a difundir a súa creación a través das súas canles de comunicación. O vídeo gañador está dispoñible no seguinte enlace: https://youtu.be/3z-RMCe56fc

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.07.2015.