Pasar al contenido principal

Explican nunha xornada cómo adaptarse á lei de transparencia

Explican nunha xornada cómo adaptarse á lei de transparencia
Explican nunha xornada cómo adaptarse á lei de transparencia

Baixo o lema ‘Os retos da calidade democrática’ a Facultade de Dereito acollerá o 15 de outubro unha xornada académica na que se ofrecerán claves para adaptarse á lei de transparencia. Organizada polo Centro de Estudos de Seguridade da USC (CESEG) en colaboración co Centro de Estudos e Documentación Europea na xornada analizarase en profundidade o concepto de transparencia aplicado ás políticas públicas e cómo se xestiona en diversos organismos e institucións como a Unión Europea. Entre as persoas que intervirán no encontro atópanse, entre outros, o director do CESEG, José Julio Fernández Rodríguez; a presidenta do Consello de Transparencia e Bo Goberno, Esther Arizmendi; a directora xeral de avaliación e reforma administrativa da Xunta de Galicia, Natalia Prieto Viso; o vicepresidente do Consello de Secretarios, Interventores e Tesoreiros de Administración Local, Víctor Almonacid Lamelas; o xefe da Unidade de Transparencia e Acceso aos Documentos do Consello da Unión Europea, Jakop Thomsem; ou o letrado maior do Parlamento de Galicia José Antonio Sarmiento Méndez. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente a través dos correos ceseg [at] usc.es (ceseg[at]usc[dot]es) ou josejul.fernandez [at] usc.es (josejul[dot]fernandez[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.09.2015.