Pasar al contenido principal

A Escola Politécnica Superior da USC, referencia para Costa Rica en materia de xestión territorial e desenvolvemento rural

Andrés Barreiro e Leonardo Gabriel Granados Rojas, diante do edificio Cactus do campus de Lugo
Andrés Barreiro e Leonardo Gabriel Granados Rojas, diante do edificio Cactus do campus de Lugo
A Universidade Nacional Agraria promove un máster en calidade e innovación agroalimentaria coa USC para impulsar o emprendemento en áreas rurais de Costa Rica

Afondar no coñecemento para a posterior sistematización da metodoloxía coa que a Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC articula a rede de institucións e actores territoriais para a mellora dos procesos de xestión territorial e de calidade agroalimentaria constitúe un dos obxectivos da estadía que vén de completar na USC o profesor da Escola de Ciencias Agrarias da Universidade Nacional de Agricultura de Costa Rica Leonardo Gabriel Granados Rojas.

A elaboración dunha proposta metodolóxica para diagnosticar e xestionar o territorio rural en Costa Rica e a creación de canles de intercambio de experiencias entre Europa e Costa centrou os cometidos da visita de Granados Rojas a Lugo, onde este profesor especializado en desenvolvemento rural, competencia e calidade agroalimentaria completou hai xa dunha década a súa tese de doutoramento no Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC baixo a dirección de Carlos Álvarez. Granados Rojas aproveitou as dúas semanas durante as que se prolongou a súa estancia na USC para manter diversas reunións de traballo con docentes e grupos de investigación da Escola Politécnica Superior e da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus lugués, así como co vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, ao tempo que mantivo encontros con outros investigadores do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega). Nestas sesións, Granados Rojas tratou de recoller información e experiencias susceptible de ser aplicadas en Costa Rica, ademais de estimular novas vías de colaboración académicas institucionais que reforcen procesos territoriais e rexionais encamiñados a mellorar o emprego e a calidade de vida das familias asentadas en áreas rurais do país centroamericano. A promoción e o desenvolvemento de novas denominacións de orixe respecto de diversos produtos alimentarios de Costa Rica e a posterior comercialización dos mesmos é outro dos proxectos sobre os que este profesor da Escola de Ciencias Agrarias da Universidade Nacional de Costa Rica solicitou colaboración e asesoramento de investigadores da USC. A institución académica compostelá mantén na actualidade convenios coa Universidade Nacional de Costa Rica, unha colaboración que, na opinión de Granados Rojas, podería intensificarse no futuro coa articulación dun máster interuniverstiario en calidade e innovación agroalimentaria entre as dúas universidades. A posta en marcha deste posgrao sería tamén un pulo importante de cara á creación dun observatorio de desenvolvemento rural en Costa Rica, sinala este profesor tico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.09.2015.