Pasar al contenido principal

O director industrial de fábricas de leite UHT de Lactalis Puleva en España abre este mércores o Máster en Dirección de Empresas

Daniel Fuhrer ofrecerá un relatorio, ás 18.30 horas, no salón de graos da Facultade de ADE de Lugo un relatorio baixo o título ‘A cultura do diagnóstico

O director industrial de fábricas de leite UHT de Lactalis Puleva en España, Daniel Fuhrer, ofrece o mércores 30 de setembro, a partir das 18.30 horas, no salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, o relatorio inaugural do máster universitario en Dirección de Empresas, un posgrao que xa vai pola súa sétima edición e no que formalizaron a súa inscrición un total de 15 persoas.

Daniel Fuhrer, quen estará acompañado na súa intervención da profesora da USC e coordinadora deste máster en Dirección de Empresas, Ángeles López Cabarcos, falará sobre a cultura do diagnóstico, unha exposición na que abordará algunha das singularidades que caracterizan o sector lácteo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.09.2015.