Iria Pinheiro achega a estudantes de ensino medio á realidade da violencia de xénero cun debate sobre ‘Anatomía dunha serea’

A sesión conducida pola actriz compostelá congregou na Casa do Saber preto de medio centenar de estudantes do Ceip San José de Lugo
A actriz compostelá Iria Pinheiro participou este venres na Casa do Saber nun encontro aberto con preto de medio centenar de estudantes de ensino medio no Colexio San José de Lugo, no marco do que conduciu un talk-show sobre o espectáculo ‘Anatomía dunha serea’, a través do que achegou a realidade da problemática da violencia e da violencia de xénero ao público asistente.
A sesión conducida por Iria Pinheiro co estudantado encádrase no ciclo ‘Eslabón’, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, e serviu de preludio á conferencia interpretada sobre ‘Anatomía dunha serea’ que ofrecerá ese venres, na Casa do Saber de Lugo, a partir das 20.30 horas, na última sesión dos ‘Xoves de Moda’.