Pasar al contenido principal

A viola luguesa Iria Fernández Silva ofrece este luns un concerto na Casa do Saber no ciclo de novos talentos ‘Na Calzada’

Iria Fernández Silva, no parque Rosalía de Castro de Lugo. Foto de X. Ponte
Iria Fernández Silva, no parque Rosalía de Castro de Lugo. Foto de X. Ponte
A actuación, programada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, comezará ás 20.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo

A viola luguesa Iria Fernández Silva ofrecerá este lusns 27 de maio, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto ‘Vibrando en catro cordas’, no que esta artista luguesa que xa se ten convertido nun valor en alza no ámbito da música de cámara, interpretará un amplo repertorio.

O concerto que ofrecerá esta música nada no barrio lugués da Milagrosa encádrase no ciclo de novos talentos artísticos ‘Na Calzada’, programado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo. A entrada ao concerto é libre e de balde ata completar o aforo.

Esta alumna do Conservatorio de Música Profesional Xoán Montes de Lugo, que vén de ser galardoada cun dos Premios Extraordinarios nas Ensinanzas Artísticas Profesionais, na modalidade de Música, que outorga a Xunta de Galicia, conta xa cunha ampla e premiada traxectoria a pesar da súa xuventude.

Antes deste recoñecemento ao seu rendemento académico, Iria Fernández Silva xa conseguira importantes premios. De feito esta virtuosa viola luguesa acadou en 2017 o segundo premio no VI Concurso Cidade de Vigo de Violín, Viola y Violonchelo, un dos certames máis prestixiosos de España celebrado no Conservatorio Superior de Música de Vigo e no que participaron máis de medio centenar de músicos de España e Portugal.

Antes deste éxito, Fernández Silva xa acadara o segundo premio na fase autonómica do 16º Certamen Nacional de Interpretación Intercentros Melómano. Logo de rematar a súa formación con matrícula de hora no instrumento de viola no Conservatorio de Música Profesional Xoán Montes de Lugo, esta luguesa tamén fora seleccionada entres os doce novos talentos Peregrinos Musicales.

Na súa bagaxe como concertista, Fernández Silva deu varios concertos como solista no VII Festival Internacional Peregrinos Musicales, no centro Ágora de A Coruña, así como dentro do programa Son Futuras Promesas da Orquestra Sinfónica de Galicia, coa que tamén tocou como invitada baixo a dirección de Jesús López Cobos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.05.2019.