Pasar al contenido principal

A USC e Sgapeio organizan en Lugo o XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación en Operacións (Sgapeio) organizan o XII Congreso Galego de Estatística e Investigación en Operacións, un foro que se desenvolverá no Pazo de San Marcos da capital luguesa do 22 ao 24 de outubro.

Os obxectivos deste congreso é o de dar a coñecer innovacións na metodoloxía, nas aplicacións, e no ensino, da Estatística e a Investigación de Operacións, en todos os eidos do coñecemento científico e tecnolóxico. Con tales fins, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e sesións de comunicacións orais e tipo póster. O programa incluirá tamén actividades de carácter cultural. A programación oficial desta edición incluirá algúns relatorios para destacar as aplicacións da Estatística e a Investigación de Operacións nun sector relevante da economía galega como é o conxunto do sector alimentario, que inclúe tanto á industria alimenticia coma aos diferentes ámbitos de recursos do sector: a agricultura, a gandaría, a pesca ou a acuicultura. Con motivo da celebración do XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, os organizadores deste foro teñen programados os cursos ‘ Control Estatístico de calidade con R’ e ‘ EPIDAT, software galego para a análise de datos’ que se desenvolverán en liña do 16 de setembro ao 24 de outubro. O prazo de inscrición no congreso e nos cursos programados permanece aberto. As persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula en liña.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.07.2015.