Pasar al contenido principal

A vixésima Reunión da Sociedade Española de Química Analítica reúne na USC 300 especialistas

Pilar Bermejo (esquerda) e a presidenta da Sociedad Española de Química Analítica, Elena Domínguez
Pilar Bermejo (esquerda) e a presidenta da Sociedad Española de Química Analítica, Elena Domínguez

A vixésima Reunión da Sociedade Española de Química Analítica celébrase na Facultade de Medicina da USC entre este xoves 2 e o venres 3 de xullo organizada polo Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía. Na xuntanza presentaranse e discutiranse os avances científicos e técnicos e as innovacións nesta área da química e outros cuestións relacionadas coa docencia desta disciplina coa participación de 300 expertos/as e persoal investigador. O programa inclúe un amplo espectro de contidos de carácter interdisciplinar nos que se propoñen aproximacións da química analítica a cuestións relacionadas co medio ambiente, a alimentación, instrumental e métodos, nanotecnoloxía, bioanálise e análise forense, quimiometría ou cualimetría, entre outros. Os conferenciantes plenarios da sesión inaugural son os profesores Janusz Pawliszyn, da Universidade de Waterloo, e Jürgen Popp da Universidade de Jena, aos que se sumarán na segunda sesión Susan Olesik, da Universidade de Ohio; e o catedrático da USC Ángel Carracedo. A sesión inaugural deste xoves, no Salón de Actos da Facultade de Medicina, contou coa presenza da vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey; da decana da Facultade de Química, Pilar Bermejo Barrera; e a presidenta da Sociedade Española de Química Análítica, Elena Domínguez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.07.2015.