Pasar al contenido principal

Presentación da oferta académica da USC en Vilalba

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presentará este luns 6 de xullo a oferta académica da USC para o curso 2015-2016, no transcurso dun acto durante o que tamén informará sobre os diferentes programas de bolsas que poden solicitar os estudantes que formalicen a súa inscrición no primeiro curso dalgunhas das titulacións de grao impartidas no campus de Lugo.

O acto de presentación da oferta académica da USC na capital chairega desenvolverase a partir das 12.00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, onde o vicerreitor Javier Bueno estará acompañado polo alcalde de Vilalba, Gerardo Criado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.07.2015.