Pasar al contenido principal

O IGFAE lanza a súa primeira edición de Bolsas de verán

Cartel da convocatoria cuxo prazo de presentación remata o 14 de xuño
Cartel da convocatoria cuxo prazo de presentación remata o 14 de xuño
As 10 axudas están destinadas a estudantes de grao que desexen realizar prácticas formativas de inicio á investigación nunha das áreas do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías durante un mes...

O IGFAE lanza a primeira edición do seu programa de bolsas de verán de inicio á investigación, ofrecendo dez axudas dirixidas a estudantes de grao que desexen ter a súa primeira experiencia investigadora. As persoas beneficiarias realizarán prácticas formativas extracurriculares e terán asignado un proxecto de investigación nunha das áreas de investigación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías baixo a supervisión dun investigador ou investigadora principal. Ademais, durante a súa estadía poderán participar en diversas actividades científicas e formativas.

As bolsas están dotadas con 750 € máis unha axuda de desprazamento cun importe máximo de 500 € para estudantes de fóra de Galicia e ata 80 € para estudantes residentes na comunidade galega. A súa duración será dun mes e desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto ou setembro. O prazo de solicitudes finalizará o 14 de xuño. As persoas interesadas poden atopar máis información na web do IGFAE.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.05.2019.