Pasar al contenido principal

O VIII Máster en Prevención de Riscos Saúde Medioambiental bota a andar en Ciencias coa entrega de diplomas a titulados

Bueno entrega o diploma a unha das persoas xa tituladas na pasada edición do máster
Bueno entrega o diploma a unha das persoas xa tituladas na pasada edición do máster

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidiu na Facultade de Ciencias do campus de Lugo a inauguración oficial da oitava edición do máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental no transcurso dun acto durante o que tamén se procedeu á entrega de diplomas ás persoas que completaron este programa oficial de posgrao o pasado curso. O decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos; o coordinador do máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, o tamén profesor da USC Carlos Herrero Latorre; o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Concello de Lugo, Daniel Piñeiro, e a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, María Ángeles Teijeiro, tamén interviñeron nesta sesión, que contou coa presenza duns vinte titulados da pasada promoción, así como dos novos estudantes. Asistentes ao acto celebrado no salón de graos da Facultade de Ciencias

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.09.2015.