Pasar al contenido principal

Destacado persoal investigador de Rusia e España discute na USC a actualidade da física de partículas, nuclear, astropartículas e cosmoloxía

Investigadores dos principais centros rusos e españois asisten esta semana na USC ao terceiro congreso Rusia-España de Física de Partículas, Nuclear, Astropartículas e Cosmoloxía que se inaugura este martes 8 ás 9.00 horas na Facultade de Física. Asisten ao acto de apertura o reitor Juan Viaño e o primeiro secretario da Embaixada Rusia, que estarán acompañados do director do Instituto Galego de Física de Altas Enerías da USC, José Luis Miramontes, e do decano da facultade compostelá, Luis Miguel Varela Cabo. Entre os participantes rusos atópanse destacados investigadores, entre eles catro académicos de Ciencias de Rusia; o premio deste ano da Sociedade Europea de Física, Lev Lipatov; o creador da teoría inflacionaria da orixe do Universo, Alexei Starovinsky; e outros docentes galardoados con importantes premios como Mikhail Braun, posúe a distinción de científico distinguido de Rusia. No congreso discutiranse as principais cuestións actuais do campo, en especial problemas relacionados coa Física máis alá do modelo estándar e as súas relacións coa materia escura e a enerxía escura, os relacionados coa teoría inflacionaria da orixe do Universo e os avances da teoría de cordas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.09.2015.