Pasar al contenido principal

As filósofas achegan o seu punto de vista sobre Europa, política e violencia

Filosofía acollerá unhas xornadas gratuítas este xoves e o venres

‘Pensar coas filósofas. Europa, política, violencia’ é o lema dunhas xornadas na Facultade de Filosofía que reunirán as achegas de tres grupos de investigación das Universidades de Santiago de Compostela, Barcelona e Autónoma de Madrid e froito dun traballo previo conxunto no que son as filósofas as quen opinan sobre os temas propostos. As xornadas ‘ Pensar coas filósofas. Europa, Política, Violencia’ desenvolveranse os días 10 e 11 de setembro coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero da USC. O encontro estrutúrase en torno aos proxectos ‘A Europa das mulleres. Construción política e novas formas de cidadanía’, da USC; ‘ Filósofas del siglo XX. Maestros, vínculos y divergencias’, da Universidade de Barcelona; e ‘ Los residuos del mal en sociedades postotalitarias. Respuestas desde una política democrática da Autónoma de Madrid. Dende a perspectiva destes tres grupos de traballo especialistas de Galicia, Cataluña, Valencia, Portugal, Alemaña, Madrid e Illas Canarias reflexionarán sobre práctica política, pacifismos, federalismo, violencia e republicanismo ou as violencias do século XX, entre outras cuestións. A sesión inaugural celebrarase este xoves 10 ás 9.30 horas e dará paso deseguido á intervención da profesora da USC Mª Xosé Agra co relatorio ‘Vixeiras europeas e práctica política: Idea de Europa, Europa das ideas’. Seguiralle a investigadora da Universidade de Minho Maria João Cabrita coa intervención ‘A inmigración en Europa: desafíos á cidadanía’. Pechando a sesión matinal, o investigador Jorge Álvarez Yágüez presentará o relatorio ‘Unha Europa postdemocrática’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.09.2015.