Entrega de premios e inauguración da exposición do XXI Maratón Fotográfico do Campus de Lugo na Facultade de Veterinaria
A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, presidirá este martes, a partir das 12.00 horas, na sala de exposicións ‘Isaac Díaz Pardo’ da Facultade de Veterinaria, o acto de entrega de premios da vixésima primeira edición do Maratón Fotográfico do Campus de Lugo e a apertura dunha mostra que recolle instantáneas captadas polas 45 persoas que participaron na última edición deste certame artístico, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural. A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre; a directora do Museo Provincial de Lugo, Encarna Lago; o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina; o fotógrafo Carlos Valcárcel; o responsable do Espazo de Fotografía do campus de Lugo e membro do Grupo Fonmiñá, Eduardo Ochoa, e Benjamín Santín, que tamén forma parte do xurado que fallou os premios do XXI Maratón Fotográfico do Campus de Lugo, un certame organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural.