Pasar al contenido principal

A EPS clausura os actos organizados polo Ano Internacional dos Solos cunha xornada sobre retos fronte ao cambio climático

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo clausura este xoves a programación de actividades organizadas co gallo da celebración en 2015 do Ano Internacional dos Solos cun xornada informativa que se desenvolverá, a partir das 10.00 horas, no salón de actos da EPS, baixo o título ‘Solos do mundo: Retos fronte ao cambio climático’.

Mani Shanmgan, da Sociedade India de Ciencias do Solo, abrirá a quenda de intervencións desta xornada cun relatorio sobre a casuística da India. De seguido, Gustavo Ferreira, de Unioeste-Brasil, abordará a realidade do Brasil. A situación dos solos de México será o tema da intervención de investigador mexicano da UNAM Felipe García-Oliva. A profesora da USC Maria Luisa Fernández Marcos pechará a quenda de relatorios cunha intervención sobre os solos de Galicia. Unha vez rematado o programa de relatorios, Tarsy Carballas, do CSIC-Santiago, e o profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC na Escola Politécnica Superior Agustín Merino, presentarán, ás 13.00 horas, o libro ‘The Soils of Spain’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.12.2015.