Pasar al contenido principal

Toma de posesión do profesor Gumersindo Guinarte como decano da Facultade de Dereito

O profesor de Dereito Penal Gumersindo Guinarte Cabada tomará posesión como decano da Facultade de Dereito nun acto protocolario a celebrar este xoves 17 ás 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome baixo a presidencia do reitor Juan Viaño.

Licenciado e doutor en Dereito pola USC con premio extraordinario de doutoramento, Gumersindo Guinarte é ademais director do Instituto de Criminoloxía e foi secretario xeral da Universidade de Santiago durante oito anos. Ostentou tamén os cargos de vicevaledor do Pobo de Galicia (2002-2005) e secretario xeneral da Presidencia da Xunta de Galicia (2005-2009).

Autor de libros e artigos en revistas científicas sobre cuestións diversas de dereito penal (propiedade industrial, concurso de delitos, menores, terrorismo, violencia de xénero, tráfico de drogas, branqueo…) é coautor de varios comentarios ao Código penal de 1995.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.12.2015.