Pasar al contenido principal

A EPS despide o Ano Internacional dos Solos cun foro de análise e debate sobre retos fronte ao cambio climático

Participantes na xornada 'Solos do mundo: Retos fronte ao cambio climático', na EPS
Participantes na xornada 'Solos do mundo: Retos fronte ao cambio climático', na EPS

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo pechou este xoves a programación de actividades organizadas co gallo da celebración en 2015 do Ano Internacional dos Solos cun xornada informativa que se desenvolveu baixo o título ‘Solos do mundo: Retos fronte ao cambio climático’.

Mani Shanmgan, da Sociedade India de Ciencias do Solo, abriu a quenda de intervencións desta xornada cun relatorio sobre a casuística da India. De seguido, Gustavo Ferreira, de Unioeste-Brasil, abordou a realidade do Brasil. A situación dos solos de México centrou a a intervención de investigador mexicano da UNAM Felipe García-Oliva. A profesora da USC Maria Luisa Fernández Marcos pechará a quenda de relatorios cunha intervención sobre a casuística de Galicia. Unha vez rematado o programa de relatorios, no que participaron como asistentes profesores, estudantes, investigadores e outras persoas interesadas na temática, Tarsy Carballas, do CSIC-Santiago, e o profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC na Escola Politécnica Superior Agustín Merino, presentaron o libro ‘The Soils of Spain’. Este libro ofrece ao lector unha visión global dos solos de España a través da compilación de estudos e datos achegados por diversos expertos españois no campo. O primeiro capítulo establece o escenario agrícola en España como a influencia da cultura árabe e produtos agrícolas estadounidenses. No segundo capítulo ofrécese unha clasificación e distribución dos solos de España, para, de seguido afondar no tema específico dos solos de áreas húmidas da zona norte da Península Ibérica, tan propensos á diversidade e a evolución. ‘The Soils of Spain’ inclúe unha análise das áreas do sur e leste de España como zonas afectados pola falta de precipitacións e abundancia nos horizontes do chan cálcicos. O quinto capítulo trata dos chans mediterráneos, que teñen como característica particular o predominio das cores vermellas; e o último capítulo analízanse os retos e as futuras edicións dos solos españois.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.12.2015.