Acto homenaxe en memoria da profesora Rosalía Porto Vila
O reitor Juan Viaño presidirá este mércores 2 de decembro un acto homenaxe en memoria da que fora profesora de Matemáticas do Departamento de Economía Cuantitativa Rosalía Porto Vila, falecida recentemente. A sesión comezará ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
A profesora Isabel Méndez Naya abrirá a quenda de intervencións e realizará unha semblanza persoal, para dar paso á intervención de Pablo Lojo, en representación do alumnado do centro. Tamén falarán a decana da Facultade Emilia Vázquez Rozas e José Buján, marido da homenaxeada. O acto completarase cunha breve reportaxe fotográfica.