Pasar al contenido principal

A vicerreitora de Titulacións da USC, Victoria Otero Espinar, incorpórase ao comité executivo da comisión sectorial de docencia da CRUE

Victoria Otero Espinar, vicerreitora de Titulacións da USC
Victoria Otero Espinar, vicerreitora de Titulacións da USC

A vicerreitora de Titulacións da USC, Victoria Otero Espinar, vén de incorporarse ao comité executivo da comisión de docencia da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), un órgano sectorial de nova creación, que está integrado por máximos representantes políticos con competencias neste ámbito e que nace coa encomenda de coordinar as liñas relacionadas coa ordenación docente das universidades españolas.

A tamén profesora da área de Análise Matemático da USC, ocupará unha das catro vogalías desta comisión CRUE-Docencia, un órgano sectorial que ten entre as súas actividades estudar, debater e elaborar propostas no ámbito da política universitaria en todo o relativo á calidade docente, a ordenación de títulos propios e a regulación das ensinanzas en liña.

Outra das misión desta comisión sectorial de Docencia da CRUE é a formulación de propostas e recomendacións ante os organismos e autoridades que teñan competencias no seu ámbito de actuación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.06.2019.