Pasar al contenido principal

Profesionais da Once asesoran a a estudantes de Formación do Profesorado en atención educativa a nenos con sordocegueira

Participantes na sesión informativa sobre atención educativa a nenos con sordocegueira en Formación do Profesorado
Participantes na sesión informativa sobre atención educativa a nenos con sordocegueira en Formación do Profesorado
Mercedes Fernández, Pilar Vázquez e Andrés Martínez guiaron unha sesión informativa con futuros mestres que están a cursar a mención de Audición e Linguaxe

A atención educativa a nenos con sordocegueira centrou este este xoves unha sesión informativa na Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo, no marco da que Mercedes Fernández Cons, Pilar Vázquez Blasco e Andrés Martínez Puente, do Centro de Recursos Educativos da Once en Pontevedra, abordaron algunhas das claves que debe rexer os distintos procesos e técnicas de atención educativa a nenos con sordocegueira desde unha perspectiva inclusiva.

A definición da sordocegueira dentro da Once, as patoloxías visuais que cursan con esta patoloxía, a heteroxeneidade e a clasificación da poboación sordocega, así como os sistemas de comunicación que empregan, o proceso de valoración e atención ás persoas afectadas por parte do equipo profesional, o proceso educativo e as áreas específicas de atención a este colectivo centraron algunhas das cuestións abordadas polos relatores no marco desta sesión informativa, na que participaron como asistentes estudantes de último curso de grao que están a facer a mención especial en Audición e Linguaxe. Esta actividade de formación complementaria para o estudantado de Formación do Profesorado, promovida pola profesora María Fiuza, do Departamento de Psicoloxía Evolutiva da Educación da USC, serve asemade para estreitar aínda máis as ligazóns entre o centro universitario lugués e a Once, segundo sinalou a vicedecana de Formación do Profesorado, Carmen Díaz Rodríguez. Esta docente precisou asemade que esta primeira sesión informativa sobre atención educativa a nenos e nenas con sordocegueira pode ser o primeiro paso cara a novas colaboracións da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo coa Once centradas no colectivo de persoas sordocegas. Nos últimos anos, Formación do Profesorado ten desenvolvido e desenvolve accións coa Once orientadas a persoas afectadas de cegueira visual, tal e como pode ser a elaboración de maquetas e materiais educativos que logo se empregan nos distintos centros da Once, indicou Díaz Rodríguez, quen entende que hai posibilidades de estender este tipo de accións a outros colectivos como poden ser as persoas con sordocegueira. Vázquez, Díaz, Fernández e Martínez, na apertura da xornada

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.12.2015.