A Facultade de Ade acollerá en marzo a presentación en Lugo da iniciativa de emprendemento ‘Emprendedores 2020’
O Grupo Diariocrítico presentará a comezos do mes de marzo na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo da USC a iniciativa de emprendemento ‘Emprendedores 2020’, un programa orientado a alentar e difundir a cultura emprendedora, patrocinado polo Banco Santander e a Escola de Organización Industrial, e que conta con financiamento do Fondo Social Europeo, o Grupo Eulen e da Confederación Española de Xoves Empresarios, ademais do Concello de Lugo e
O xornalista Fernando Jáuregui será o encargado de guiar a presentación desta xornada de fomento do espírito emprendedor entre a poboación universitaria no transcurso dunha sesión que se desenvolverá o vindeiro día 7 de marzo na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo. O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, será o encargado de dar a benvida a todos os participantes neste foro, no que está prevista a presenza do alcalde do Concello de Lugo e do presidente da Deputación Provincial, ademais de distintos representantes do tecido empresarial. O acto, no que os distintos relatores convidados informarán expoñerán a súas respectivas visións e achegarán información sobre diversas cuestións, achegas, trámites... relacionadas co emprendemento empresarial, servirá asemade para a presentación do libro ‘¿Podo montar a miña propia empresa?’, un volume que compila duascentas historias de éxito de empresarios españois. Unha táboa redonda baixo o título ‘Universitarios emprendedores, ¿e ti por qué non?’, na que intervirán como relatores técnicos da Universidade de Santiago de Compostela, e do Concello de Lugo, así como da Asociación de Xoves Empresarios (AJE), ademais de empresarios emprendedores e un representante da Escola de Organización Industrial (EOI), servirá de colofón desta xornada. Os organizadores deste foro de emprendemento aproveitarán o encontro con estudantes universitarios para convidalos a presentar os seus proxectos de emprendemento ao concurso organizado ao abeiro deste programa, que se fallará en setembro de 2014 e cuxas bases están accesibles na web www.educa2020.es.