Acto de licenciatura dunha nova promoción de Odontoloxía
O vicerreitor de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador, Luís Lima Rodríguez, presidirá este sábado 28 o acto de licenciatura de Odontoloxía, unha sesión protocolaria que comezará ás 13.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Intervirán en representación dos novos licenciados e licenciadas Yaiza Cuba González e Cristian Iglesias Pumar, a quen seguirá o padriño da promoción José Barreiro Daviña, e o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal Otero.A xornada completarase coa lectura do Xuramento Hipocrático e a recollida dos diplomas conmemorativos. Nesta sesión tamén estarán na mesa presidencial os presidentes dos colexios de Odontólogos de Pontevedra e Ourense, José Manuel Álvarez Vidal, e da provincia de Lugo, Alejandro López Quiroga; a vicedecana da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Inmaculada Tomás; e o director do Departamento de Estomatoloxía, Jacobo Limeres.