Pasar al contenido principal

A USC oferta para o vindeiro curso 48 graos e 59 másteres universitarios

Presentaron os datos o reitor Juan Viaño e o vicerreitor Roberto López (Foto: SERVIMAV-USC)
Presentaron os datos o reitor Juan Viaño e o vicerreitor Roberto López (Foto: SERVIMAV-USC)
A matrícula comeza o 16 de xullo

A USC impartirá o vindeiro curso 2014-2015 nos seus campus de Santiago e Lugo 48 graos, ademais de 59 másteres universitarios, 54 programas de doutoramento e tres títulos propios, estes últimos nos eidos da criminoloxía, xestión hostaleira e especialización orquestral. A oferta académica e as características do proceso de matrícula presentounas este venres o reitor Juan Viaño, acompañado do vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López. Concretamente a oferta de títulos para o Campus de Santiago ascende a 33 graos. Trátase de Administración e Dirección de Empresas (200 prazas), Bioloxía (150), Ciencia Política e da Administración (125), Comunicación Audiovisual (50), Dereito (180), Economía (150), Educación Social (75), Enfermaría (150), Enxeñaría Informática (60), Enxeñaría Química (60), Farmacia (200), Filoloxía Clásica (25), Filosofía (65), Física (100), Historia (100), Historia da Arte (100), Lingua e Literatura Españolas (50), Lingua e Literatura Galegas (50), Lingua e Literatura Inglesas (100), Linguas e Literaturas Modernas (75), Medicina (350), Mestre en Educación Infantil (80), Mestre en Educación Primaria (140), Odontoloxía (50), Óptica e Optometría (60), Pedagoxía (75), Psicoloxía (150), Química (125), Relacións Laborais e Recursos Humanos (100), Traballo Social (90), Xornalismo (80), Matemáticas (120) e Xeografía e Ordenación do Territorio (69). En Lugo, o futuro alumnado poderá elixir entre Administración e Dirección de Empresas (125), Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (40), Enfermaría (68), Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria (50), Enxeñaría Civil (50), Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (80), Enxeñaría en Xeomática e Topografía (50), Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (80), Lingua e Literatura Españolas (25), Mestre en Educación Infantil (90) e en Educación Primaria (90), Nutrición Humana e Dietética (60), Veterinaria (110), Relacións Laborais e Recursos Humanos (65) e, de nova implantación, o grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas (45). Másteres Universitarios O total de másteres universitarios engloba de maneira equilibrada as grandes ramas de coñecemento. Así, o catálogo contempla 12 de Ciencias, 12 de Ciencias da Saúde (10 en Santiago, 2 en Lugo), 18 de Ciencias Xurídico-Sociais (15 en Santiago e 3 en Lugo), 8 en Enxeñarías e Arquitectura (3 en Santiago, 5 en Lugo) e 9 de Artes e Humanidades (8 en Santiago e 1 en Lugo). Ademais, nesta última rama impartirase o máster Erasmus Mundus Encrucilladas nas Narrativas Culturais, cuxo proceso de admisión centraliza a Universidade de Perpignan. Esta oferta de posgrao contempla todos os perfís –académico, profesional ou investigador- así como tamén algún título que habilita para profesións reguladas (Psicoloxía Xeral Sanitaria, Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas, Enxeñaría Agronómica e de Montes), ou que son requisito para o exercicio profesional, como Avogacía e Enxeñaría Química e de Bioprocesos. Matrícula A matrícula, que deberá realizarse por internet (www.usc.es/matricula), arrancará do 16 ao 18 de xullo para primeiro curso de grao, establecéndose un período máis nese mes e outros tres en setembro. Para continuar estudos o prazo estenderase do 17 de xullo ao 4 de setembro. Os másteres teñen ata o 6 de agosto como data límite tanto para a matrícula directa como para a solicitude de admisión, aínda que dada a variedade de modalidades as persoas interesadas deberán consultar os seus prazos específicos no web. As solicitudes de admisión para os cursos ponte deberán presentarse ata o 31 de xullo, mentres que as dos cursos de doutoramento do 20 de agosto ao 9 de setembro. Calendario As clases do primeiro semestre comezarán o 5 de setembro e rematarán o 19 de decembro; mentres que o segundo semestre irá do 27 de xaneiro de 2015 ao 13 de maio. Os exames celebraranse do 8 ao 23 de xaneiro e do 14 de maio ao 5 de xuño. Haberá unha última convocatoria de avaliación do 29 de xuño ao 17 de xullo. Matriculados en 2013-2014 No presente curso mantívose a tendencia crecente do número de matriculados por vez primeira experimentada ao longo dos últimos anos, pasando dos 6.044 do curso 2012-2013 aos 6.469 do presente. En termos globais, a USC matriculou a 26.260 estudantes este período académico, cunha porcentaxe de mulleres do 63,5%, maioritariamente de procedencia galega aínda que tamén de practicamente todas as provincias españolas. A este hai que sumar unha nutrida representación de estudantado dos cinco continentes. Mellores expedientes Dos 342 estudantes de Galicia cunha nota de 9 ou superior nas probas de acceso á Universidade, 174 matriculáronse en titulacións da USC, tanto no Campus de Santiago como no de Lugo. En concreto, estudaron este curso os graos de ADE, Ciencia Política e da Administración, Química, Medicina, Psicoloxía, Historia, Veterinaria, Filosofía, Historia da Arte, Mestre de Primaria, Bioloxía, Odontoloxía, Economía, Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Dereito, Lingua e Literaturas Modernas, Filoloxía Clásica, Enxeñaría Química, Enfermaría, Física, Matemáticas, Farmacia e Lingua e Literatura Inglesas, Española e Galega.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.07.2014.