Pasar al contenido principal

Carlos Pajares abre un ciclo de debate sobre relixión coa conferencia `Conflito, ciencia e cristianismo´

O catedrático de Física Teórica da USC Carlos Pajares Vales abrirá este martes 11 un ciclo de debate sobre relixión, organizado polo colectivo 'Profesores Universitarios Católicos’, coa conferencia ‘Conflito, Ciencia e Cristianismo’, a partir das 20.00 horas na Fundación NovaCaixaGalicia (Rúa do Villar, nº 19 de Santiago de Compostela). Despois da conferencia do profesor Pajares intervirán, a modo de colaboradores, os profesores José Luis Blázquez Caeiro e Mª Carmen Díaz Ruíz das facultades de Bioloxía e Matemáticas, respectivamente. Carlos Pajares Autor de máis de 250 artigos da súa especialidade, ten publicados catro libros, dos que dous son de divulgación. A isto, hai que sumar unha abundante produción de artigos divulgativos en prensa, con colaboracións para El Pais, El Mundo, ABC, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El Progreso ou Investigación y Ciencia, entre outros. Carlos Pajares foi o primeiro decano da Facultade de Física da USC, ademais de ter sido reitor da institución académica compostelá entre 1984 e xullo de 1990. Doutor pola Universidade Complutense realizou estadías na Universidade de París-Sur así como na de Washintong en Seattle, ademais de ter sido profesor titular da Autónoma de Barcelona. É doutor honoris causa polas universidades de San Petesburgo e Técnica de Lisboa, ademais de terlle concedidos os premios de Investigación de Galicia (2007) e Xunta de Galicia de Divulgación (1994) ou a medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Física. Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas de Francia, foi delegado científico de España no CERN entre 2008 e 2012, vicepresidente da Real Sociedade Española de Física e membro de diversas comisión científicas de avaliación e asesoramento de organismos internacionais como a UE, OEIA, CERN, ANEP ou CSIC, entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.02.2014.