Pasar al contenido principal

Sinatura dun convenio marco de colaboración entre a USC e o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense

O reitor Juan Casares e a presidenta do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Susana Soneira Lema, asinarán este xoves 13 un convenio marco de colaboración para desenvolver actividades culturais, científicas, pedagóxicas ou de investigación, entre outras. Deste xeito, o alumnado da Facultade de Relacións Laborais poderá acceder a cursos de formación avanzados ao tempo que este centro se converterá en lugar de referencia para graduados/as en exercicio. O acto protocolario de sinatura celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 11.45 horas. A oferta de prácticas para alumnado, a creación de dous premios dirixidos ao estudantado deste centro en función do seu rendemento académico, serán outras das iniciativas que se desevolverán ao abeiro deste acordo marco de cooperación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.02.2014.