Pasar al contenido principal

Un seminario en Historia profunda no estudo do nacionalismo español e a súa relación coa sociedade civil no século XX

‘A nación dende a raíz’ é o lema do workshop no que se van debater os avances e novidades do proxectos de investigación homónimo e dedicado ao estudo do nacionalismo español e a súa relación coa sociedade civil no século XX. Esta é unha liña que conta co financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade e que coordinan os profesores Xosé Manoel Núñez Seixas, da USC, e Javier Moreno Luzón, da Complutense de Madrid.

Organizado polo grupo de Historia Política e dos Nacionalismo da USC (Hispona), o obradoiro celebrarase no Seminario 330 da Facultade de Filosofía a partir das 10.15 horas. Participarán expertos das universidades de Deusto, País Vasco, Alcalá así como da USC e Complutense de Madrid.

Na primeira sesión, Javier Moreno comezará a quenda de intervencións referíndose á Asociación Patriótica dos Exploradorades de España e Luis Velasco Martínez tomará a palabra a continuación para referirse á educación patriótica e o servizo militar obrigatorio en España entre 1898 e 1982. A partir das 12.15 horas comezará a segunda sesión, na que Xosé M. Núñez Seixas presentará o relatorio ‘Identidade nacional e experiencias de guerra: unha visión a través da corresponencia dos soldados (1914-1945)’, a quen seguirá Alfonso Iglesias Amorín co tema ‘A memoria das guerras de Marruecos a través do monumento conmemorativo (1859-1927)’.

A xornada reanudarase pola tarde coa terceira sesión, a partir das 15.30 horas. Emilio Grandío falará sobre a construción da nación democrática no exilio republicano (1945-1948), seguido de Amaia Lamikiz co relatorio ‘Amando á rexión ámase á patria... Imaxe(s) da nación española a través das casas rexionais (Gipuzkoa, 1940-1975)’. O programa do encontro rematará coas intervencións de Fernando Molina, para falar sobre ‘A patria en ‘bocadillos’. Cómics e nación en España, 1959-1989’ e de Álex Quiroga co relatorio ‘As tres esferas: cara unha teoría da nacionalización de masas’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.02.2014.