Pasar al contenido principal

A conservación da natureza e da paisaxe en Ferrolterra, temática dun curso de verán da USC do 9 ao 11 de xullo en Ares

A conservación da natureza e da paisaxe en Ferrolterra, temática dun curso de verán da USC do 9 ao 11 de xullo en Ares
A conservación da natureza e da paisaxe en Ferrolterra, temática dun curso de verán da USC do 9 ao 11 de xullo en Ares
O prazo de matrícula neste programa da Universidade de Verán da USC permanece aberto en liña ata o 28 de xuño

‘ A conservación da natureza en Ferrolterra: Terra, Mar e Paisaxe das rías de Ares e Ferrol’, é o título do curso de verán da USC que se desenvolverá do 9 ao 11 de xullo nas instalación da Agrupación Instrutiva de Caamouco- Redes, no municipio coruñés de Ares. O prazo de matrícula neste foro estival da USC, dirixido por Javier Guitián Rivera e estruturado en 20 horas lectivas, permanece aberto en liña ata o próximo 28 de xuño.

Este curso, para que o se ofrecen un máximo de 40 prazas de matrícula, pretende ser un foro de debate e encontro no que abordar diferentes aspectos da conservación da natureza na comarca de Ferrolterra, centrándose nas rías de Ares e Ferrol. O obxectivo é subministrar aos participantes unha información multidisciplinar actualizada que permita interpretar as claves da situación actual da natureza na comarca.

O programa deste curso da Universidade de Verán da USC, que conta con financiamento do Concello de Ares e da Deputación Provincial de A Coruña, está estruturado en relatorios de temática diversas e tamén inclúe visitas. Daquela, Xosé A. Fraga abrirá a quenda de intervencións deste foro cun relato sobre a figura e o legado do naturalista Víctor López Seoane.

A xeomorfoloxía e a paisaxe do golfo Ártabro, a diversa biodiversidade da flora e da fauna da comarca de Ferrol e dos fondos da súa ría e da de Ares, amén do seu estado de conservación, a ordenación do litoral ou a análise de experiencias de custodia do territorio serán algúns dos temas que se abordarán no marco deste foro estival da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.06.2019.