Pasar al contenido principal

O profesor Philip Bell en Ciencias da Educación sobre prácticas científicas no ensino das ciencias e os novos currículos estadounidenses

É un dos coautores da definición de indagación (inquiry) empregada, entre outros, na avaliación PISA

O profesor da Universidade de Washington Philip Bell impartirá este xoves 20 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) unha conferencia sobre as prácticas científicas no ensino das ciencias e os novos currículos estadounidenses, co título ‘Supporting implementation of epistemic practices. The NRC Framework and Next Generation Science Standards’. O relatorio comezará ás 16.30 horas, organizado polo grupo RODA de didáctica das ciencias, dirixido pola profesora María Pilar Jiménez Aleixandre. O doutor Bell é director do Institute for Science and Math Education da Universidade norteamericana. É un investigador recoñecido internacionalmente polos seus traballos sobre indagación e como promovela na clase de ciencias e un dos coautores da definición de indagación (inquiry) empregada en informes e avaliacións internacionais como o informe Rocard e a avaliación PISA.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.02.2014.